O PSOE pon en marcha este xoves a Oficina de Relación coa Cidadanía para recoller as demandas dos veciños

O PSOE pon en marcha este xoves a Oficina da Cidadanía para recoller as demandas dos veciños

Funcionará todos os xoves de 18 a 20 horas na Casa do Pobo, na rúa Zalaeta 20

A actividade comenza este xoves con unha charla de Javier Losada, José Luis Méndez Romeu e Yoya Neira sobre as iniciativas desenvolvidas no Senado, Parlamento e Concello

 A Agrupación Socialista da Coruña pon en marcha a Oficina de Relación coa Cidadanía que pretende ser o punto de encontro entre os militantes e os veciños e veciñas da Coruña e a acción que os socialistas coruñeses realizamos nas institucións onde defendemos os intereses das nosas ideas, do socialismo e da nosa cidade. 

Os socialistas da Coruña cremos que hai que profundar na nosa democracia e que un xeito de facelo é utilizando todos os medios ao noso alcance, como é por exemplo a actividade lexislativa e de control e fiscalización ao goberno municipal da Coruña, goberno galego e goberno central. Non podemos desaproveitar a oportunidade de exercer unha oposición rigorosa, exhaustiva, crítica, pero tamén e fundamentalmente responsable, positiva e construtiva. 

Sabemos que isto só o podemos conseguir coa axuda e participación de todos, a dos militantes da Agrupación Socialista e os cidadáns da Coruña.
Os que teñen moito que dicir en cuestións tan importantes como o emprego, a educación, a sanidade, as políticas sociais, de igualdade, LGTB, urbanismo, festas, comercio local, parques e xardíns,  transporte e demais cuestións  que inflúen na nosa vida día a día.

O noso obxectivo non é outro que escoitar a voz dos coruñeses e levala ao Pleno Municipal, Parlamento de Galicia e Senado onde os Socialistas de Coruña posúen compañeiros e compañeiras que traballan por unha sociedade mellor. Os nosos compañeiros e compañeiras concelleiros, deputados ou senadores explicásenche o traballo que están a realizar. Tamén contamos cos compañeiros que representanos noustras insitucións, como Diputación, Parlamento Español, Parlamento Europeo…

Para iso invitamos aos coruñeses a que utilicen esta oficina cantas veces consideres oportuno para comunicar connosco, porque como cidadán e cidadana teñen dereito a ter acceso directo aos seus representantes políticos para exporlles os seus problemas, ideas ou suxestións; porque entre todos e todas podemos construír unha sociedade mellor.

A oficina traballa tamén de forma virtual, onde poden mandarnos as súas suxestións, problemas, ideas…Tamen concertaremos unha cita persoal co representante encargado do asunto a tratar. Ademais realizásense unha serie de encontros coa militancia e cidadanía para explicar o traballo que realizan os nosos representantes nas institucións. Todos os meses realizaremos un encontro cun ou varios representantes do grupo municipal para que nos explique o traballo realizado nesa etapa. Cada dous meses teremos unha charla co noso representante en Senado. Unha vez cada dous meses realizásese unha reunión co representante da nosa cidade na cámara galega. Dunha forma periodica mantedremos encontros cos representantes no parlamento Español, O parlamento Europeo, Diputación da Coruña, así como outras institucións onde os Socialistas teñamos representación. A oficina estara aberta todos os xoves de 18:00 a 20:00 na Casa do Pobo.

Contacto:oficinaciudadaniapsoecoruna@gmail.com. Coordinador da oficina: Fito Ferreiro Seoane

A oficina estará aberta a partir de este xoves 13 de xuño, de 18:00 a 20:00 todolos xoves. A actividade comeza este xoves con unha CHARLA  baixo o título “OFICINA CIUDADANÍA DO PSOE DE A CORUÑA”. As 20.00 horas, información sobre as iniciativas presentadas en este último trimestre no PARLAMENTO GALEGO, SENADO, CONCELLO de A Coruña con Javier Losada, José Luis Méndez Romeu e Yoya Neira.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s