O PSOE defende que a cultura é vital no Estado de Benestar e por iso reclama un IVE reducido para o sector

Silvia Longueira y Francisco CerviñoO PSOE defenderá no próximo pleno que a cultura é vital no Estado de Benestar e por iso reclamará un IVE reducido para o sector

O socialista Francisco Cerviño sinala que a suba do IVE ao 21% amosa un concepto reduccionista do Estado de Benestar do PP e supón a máxima expresión de desconfianza da dereita coa cultura

A concelleira Silvia Longueira defende un IVE inferior ao 10% para responder as perdas que sufre o mundo da cultura

A concelleira Silvia Longueira anunciou hoxe en rolda de prensa que o Grupo Municipal Socialista presentará ao pleno unha moción para reclamar que se suspenda a decisión da suba do IVE para Bens e Servizos Culturais e que se estableza un tipo reducido para as actividades culturais, con un tipo máximo por baixo do 10%. Pola sua banda, o responsable de Cultura da Agrupación Socialista, Francisco Cerviño, sinalou que esta proposta pretende ser unha resposta ao concepto reducionista do Estado de Benestar que ten a dereita, no que esquece a cultura en contra do que teñen feito os gobernos socialistas ao longo de tantos anos na Coruña.

Silvia Longueira insistiu na idea de que a suba do IVE cultural ao 21% ten sido un desastre para todos: para o goberno do PP, porque non conseguiu recaudar máis, apenas 4 millóns no último ano; e sobre todo para o sector cultural, pois no mesmo tempo perdeu 328 millóns en actividade económica.

A concelleira socialista, ademáis, referiuse á grave situación que atravesa o sector na  cidade, con locais alternativos que son incapaces de conter a sangría do IVE e que vive situacións que resultan incríbles, pois un refresco e máis barato nun bar que nun local que apoia e ofrece actividades culturais: xerar un ben cultural acaba por ser un demérito económico para o empresario. Neste sentido, Silvia Longueira aclara ao PP que a cultura e parte da solución e no parte do problema da crise. Por eso, insiste en que a moción e unha defensa do sector cultural e confía en que o goberno popular de Negreira a apoie no vindeiro pleno.

Francisco Cerviño entende que esta suba do IVE aplicada polo PP é a máxima expresión de desconfianza da dereita cara a cultura e que fai seguidismo da famosa frase “Abaixo a intelixencia” de Millán Astray, a que o alcalde do PP considera un prohome coruñés.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s