Os socialistas esixen ao Concello que impulse medidas de axuda e reactivación do sector libreiro

Os socialistas esixen a Concellería de Cultura que impulse medidas de axuda e reactivación do sector libreiro da Coruña

Co peche da librería Nos da Coruña desaparece un dos referentes da cidade do panorama cultural

“Depois de case tres anos de goberno, nin Negreira nin a súa concelleria de cultura, nin a de comercio foron quen de deseñar ou alomenos sustentar a debilidade do sector libreiro da cidade”, afirmou a concelleira socialista Silvia Longueira, con motivo do anuncio do peche da Librería Nós. Este sector foi languidecendo na cidade de xeito que ninguén ten mirado para el coa intención de aportar unha solución ben a través de apoio institucional ou mesmo facendo una política de integración fronte as novas tecnoloxías, como é o avance do libro electrónico.

Como paradigma dunha política cultural integral, o goberno local ten a obriga de solventar a caida do sector das librerías buscando un equilibrio entre todos os implicados no proceso da edición do libro. Se esa rede non se sustenta con estratexias de apoio a economía da edición vai entrar en perigo.

Longueira incide en que “a rede de bibliotecas públicas municpais tería que ser un activo para sustentar o sector. Na realidade económica que nos toca vivir as estratexias de apoio deste sector pasan por unha implicación da administración local, tanto coma axente de iniciativas que palíen os efectos da crise, que coma un intermediario que actúe frente o goberno do estado esixindo unha fiscalidade moderada nun sector débil e en tránsito pero que aporta unha alta marca de calidade ó país”.

Coa chegada de Negreira a alcaldía a ausencia de estratexias e planificación dentro da política cultural é evidente. Desde a Concellería de Cultural non se ten trazado unha sola actuación en base a favorecer non só o sector cultural propio da cidade (librerías, salas de música, galerías, etc.) senón tampouco se ten apoiado a creadores de calquera ámbito da cidade.

A práctica totalidade da programación faise con empresas de fora da cidade e mesmo de fora de Galicia. E  en ningún caso, as librerías da Coruña entraron nunca dentro dos marcos de apoio e programaci da concellería.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s