O PSOE leva unha moción para a defensa da calidade do emprego nos contratos municipais

O PSOE leva mañá a pleno unha moción para a defensa da calidade do emprego nos contratos municipais

Inclúe cláusulas para impedir que as baixas económicas nas ofertas supoñan una merma nas condicións laboráis e nos salarios dos traballadores da empresa contratada polo Concello

O Grupo Municipal Socialista presentará mañá no pleno unha moción que recolle una serie de cláusulas sociais e de mantemento do emprego nos contratos públicos do Concello. Entre as propostas recollidas figura incorporar como criterio de valoración o número de traballadores con contrato indefinido das empresas que presentan ofertas aos concursos municipais.

Outra das cláusulas que se inclúe na moción e que a baixa nas ofertas económicas non supoña una merma nas condicións laboráis nin no salario dos traballadores, poisa inda que a puntuación da oferta económica debe ser e así é significativa, non pode supor un perxuicio para os traballadores.

O PSOE coruñés, na líña da iniciativa presentada polo PSdeG no Parlamento, considera que estas cláusulas suponen una garantía para os traballadores das empresas que contratan coa administración municipal e que por tanto resulta positiva e necesaria nestes momentos.

CLÁUSULAS SOCIAIS E DE MANTEMENTO DO EMPREGO NOS CONTRATOS PÚBLICOS PROPOSTAS POLO PSOE

FASE DE ADXUDICACIÓN

1.- Incorporar como criterio de valoración o número de traballadores con contrato indefinido das empresas que presenten oferta.

2.- Ter en conta as melloras nas condicións laborais e salariais con respecto ó disposto no Estatuto dos Traballadores/as (ou no seu caso no convenio colectivo vixente e de aplicación) que se comprometa a empresa licitadora a aplicar ó persoal que executará o contrato. Tamén se valorará un plan de formación dos traballadores asignados ó servizo obxecto do contrato.

3.- Tal e como obriga a lexislación estatal e autonómica, a oferta económica puntúa moi significativamente, pero non se permitirán baixadas desproporcionadas ou anormais no prezo a costa de reducir en gastos laborais.

4.- No caso de subrogacións de empregados, a empresa deberá asumir a totalidade do cadro de persoal e respectar os dereitos laborais que tiveran recoñecidos na súa anterior empresa, incluída a antigüidade.

5.- Os licitadores presentarán declaración responsable de que, de resultar adxudicatarios do contrato e durante a vixencia do mesmo, asumen a obriga de ter empregados con discapacidade cando menos nun 2% do plantel, se a empresa alcanza un número de 50 ou máis traballadores, ou de adoptar as medidas alternativas establecidas no R.D. 364/2005, de 8 de abril.

6.- Criterio de desempate: Cando exista igualdade nas ofertas como resultado da aplicación dos criterios que serven de base á adxudicación, serán preferidas as empresas que no momento de acreditar a súa solvencia técnica teñan no seu plantel un número de traballadores con discapacidade superior ó 2%, nos termos e coa orde de preferencias sinalada na Disposición adicional 4.2ª do TRLCSP.

FASE DE EXECUCIÓN

1.- Incorporar como obriga contractual o emprego en réxime de igualdade mediante o desenvolvemento de plans de igualdade, plans de formación en materia de igualdade e/ou perspectiva de xénero, medidas de conciliación da vida persoal coa laboral, etc.

2.- Establecer como condicións especiais de execución as seguintes:

a) A empresa deberá contar cos medios persoais descritos nos pregos durante a execución do contrato, xunto a aqueles que, a maiores dos impostos, se relacionen e detallen na oferta do licitador que resulte adxudicatario.

b) A adxudicataria deberá subrogar o persoal e respectar as condicións laborais e salariais sinaladas nos pregos reitores, naqueles supostos que resulte de aplicación.

3.- Para garantir o cumprimento dos deberes contractuais impostos ós adxudicatarios, establecer un sistema de penalidades, aplicadas proporcionalmente, que poden ir entre o 3% e o 10% do orzamento do contrato e a propia resolución da relación contractual ou mesmo a prohibición de contratar coa administración.

4.-. Para supervisar e controlar o cumprimento das obrigas e condicións de execución, con cada factura que presente, o contratista deberá a documentación que acredite a relación de traballadores, así como declaración xurada de estar ó corrente de pagamento de salarios e de todas as retribucións que a estes traballadores lles correspondan.

5.- Revisión de prezos: No suposto de que o convenio laboral dos traballadores sexa modificado e empeore as condicións salariais, esixir á empresa que aplique o convenio colectivo estatal de ámbito superior (estatal ou provincial). No caso de que a adxudicataria non o faga, a administración pode revisar á baixa o importe que lle achega polo contrato.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s