O grupo LGTB 7 Cores ve na Lei Galega de Visibilidade un paso adiante para seguir avanzando en dereitos

O grupo LGTB 7 Cores considera a Lei Galega de Visibilidade un paso adiante que permite coller forzas para seguir avanzando en dereitos

Valora a labor do PSOE na posta en marcha desta normativa, recortada sobre a proposta inicial dos socialistas, pero que permite iniciar un camino para seguir na procura de novas metas

O pleno do Parlamento de Galicia vai aprobar “a Lei Galega de Visibilidad e para a non discriminación das persoas LGTB”, unha lei presentada polo Grupo Parlamentario Socialista, elaborada polas deputadas Silvia Fraga, Carmen Gallego e polo catedrático en dereito familiar comparado José M. Villarverde. E cuxo primeiro borrador inicial é de Juan Carlos Beceiro e Fito Ferreiro do grupo LGTB dos Socialistas de Galicia. No texto final traballaron tamén o Grupo LGTB dos socialistas de Galicia “7 Cores” e os diferentes colectivos LGTB da nosa comunidade.

A lei que saíra  do Parlamento Galego non é a lei que presentaron o grupo 7 Cores e os Socialistas de Galicia. A maioría absoluta do Partido Popular rebaixou o texto primitivo, quedando un pouco descafeinado e moitas das súas primitivas accións pasaron a ser  intencións e outros puntos desapareceron.

Aínda así, 7 Cores e o Grupo Parlamentario Socialista consideran que a posta en marcha desta lei é un pequeno paso para seguir avanzando na loita pola igualdade real. Un paso que puido ser xigante si se aprobase a Lei que chegou ao parlamento, e que sumándolles as enmendas que Anova e BNG aportaron a lei. poidemos conseguir unha lei case total e moi progresista en Galicia.

Pero goberna o PP, así o xogo democrático. E sabemos que o PP é un partido homófobo, que non lle gusta a igualdade das persoas diferentes, o único que pretende é que todos sexamos iguais, brancos e homes. Un partido que interpuxo un recurso de inconstitucionalidade a lei do matrimonio igualitario aprobada polo goberno socialista de Zapatero. Un goberno que coa igrexa sacou a miles de persoas á rúa contra os nosos dereitos. Un partido que representa a dereita mais rancia deste país.

Por iso creemos que é un éxito do Partido Socialista de Galicia o que se aprobase esta lei. Un debate onde a nosa portavoz en temas LGTB, Carmen Gallego, defendeu e traballo para que a Lei non baixase duns mínimos aceptables para o noso colectivo. Unha lei que nos vai a facilitar o noso camiño por conseguir a igualdade real. Unha Lei pionera no estado Español, que xa foi presentada noutras autonomías e que o Partido Socialista incorporou na súa ultima conferencia política á súa futura acción de goberno. Unha lei que se vai a aprobar grazas ao traballo das xentes do Partido Socialista de Galicia, o traballo da xentes dos Grupo 7 CORES e os colectivos LGTB de Galicia.

Unha lei que nos vai a permitir esixirlle ao goberno de Feijoo que poña en marcha as liñas de actuación que marca. Unha lei  pola que lle esixiremos ao Goberno Galego que poña en marcha os Servizos de Información e medición LGTB, que convoque aos colectivos LGTB da nosa comunidade para traballar conxuntamente nas políticas LGTB de Galicia. Esixirémoslle tamén que poña en marcha medidas de promoción dá igualdade de trato e non discriminación, que nos convenios colectivos das empresas galegas apróbense medidas en favor da diversidad sexual, que se garanta a atención necesaria a acódelas transexuais, que se forme ao profesorado na nosa realidade, así como aos docentes de educación social, maxisterio, pedagoxía e dereito. Que se introduza no curriculum escolar contidos sobre a igualdade da diversidad sexual e familiar.

Con esta Lei aprobada esixirémoslle á Xunta, medidas para combater o acoso, a homofobia e favorecer a visibilidad. Fomentar o igualdade e o bo tratamento da información e expresión de igualdade na diversidad nos medios de comunicación galegos. Así como que faculte ao valedor do pobo como a autoridade independente que vele polos nosos dereitos, a nosa igualdade e pola non discriminación por orientación sexual e xero.

Os Socialistas Galegos creemos que con esta Lei é mais fácil esixirlle ao Goberno de Feijoo as políticas necesarias para conseguir a igualdade real de todas as persoas lesbianas, gays, transexuais e bisexuais de Galicia.

 

A Lei Galega de Visibilidad e para a non discriminación da persoas LGTB ten entre outros os seguinte obxectivos e puntos que vos resumimos a continuación.

O obxecto desta lei é garantir o principio de igualdade de trato e de non dicriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero das persoas homosexuais, bisexuais, transexuais e transxénero.

O ámbito obxectivo, dentro das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, comprenderá todos os ámbitos da vida política, social, económica, cultural e familiar, particularmente nas seguintes áreas:  policial e da xustiza,  laboral,  familiar, da saúde, da educación,  da cultura e do ocio,  do deporte,  da xuventude , da comunicación.

Para os efectos desta lei, entenderase por principio de igualdade de trato a ausencia de toda discriminación directa ou indirecta por razón de orientación sexual e identidade de xénero.

Os poderes públicos de Galicia establecerán un diálogo fluído e colaborarán coas asociacións, organizacións e colectivos LGTB que teñan un interese lexítimo na loita contra a discriminación por razón de orientación sexual ou identidade de xénero.

As administracións públicas galegas desenvolverán campañas de divulgación das accións e de impulso do asociacionismo LGTB co obxecto de fomentar a participación directa e indirecta por parte de toda a sociedade nos programas de actuación que desenvolvan aquelas, para o que se establecerán medidas específicas co fin de favorecer a participación, concienciación e sensibilización de toda a sociedade en conceptos como igualdade, dignidade e respecto do colectivo LGTB.

Apoiarase un servizo de información, atención e asesoramento a lesbianas, gays, transexuais e bisexuais e ás súas familias e persoas achegadas, en colaboración cos gobernos locais.

O órgano competente da Comunidade Autónoma en materia de traballo establecerá un programa de información e divulgación da normativa aplicable relativa á non discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero, así como programas de loita contra a discriminación, particularmente no ámbito laboral, dirixidos a empresarios e empresarias, sindicatos, autónomos, responsables da inspección laboral, do servizo público de emprego e de calquera centro de traballo.

A inspección de traballo, nos termos previstos na normativa aplicable, deberá garantir o respecto do dereito de igualdade de trato e non discriminación no acceso ao emprego e nas condicións de traballo.

A Xunta de Galicia  instará as organizacións sindicais e empresariais presentes no diálogo social a que actúen no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e, se é o caso, en colaboración coas asociacións, organizacións e colectivos LGTB, a:

1. Impulsar medidas inclusivas para persoas LGTB nos convenios colectivos de todos os sectores laborais.

2. Informar sobre a normativa en materia de discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero.

3. Promover os dereitos e a visibilidade das persoas LGTB nos lugares de traballo.

4. Tratar de xeito específico a discriminación múltiple, na que a causa de orientación sexual e identidade de xénero se combine coa de sexo ou enfermidade, discapacidade física ou intelectual ou pertenza a calquera étnia ou relixión, así como a discriminación de persoas transexuais e transxénero, e incentivar a súa contratación.

Non poderán establecerse limitacións, segregacións ou exclusións polas causas previstas nesta lei no acceso ao exercicio e ao desenvolvemento dunha actividade por conta propia.

A definición de familia na ley é a seguinte, enténdese por familia a derivada do matrimonio, da unión entre dúas persoas do mesmo ou distinto sexo, en relación de afectividade análoga á conxugal, rexistrada ou non, do parentesco, da filiación ou da afinidade, e tamén as unidades monoparentais, formadas por mulleres ou homes, con fillos e fillas ao seu cargo, de conformidade co disposto na Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

 

Os servizos de apoio, asesoramento e mediación familiar dependentes da Xunta de Galicia, en coordinación cos servizos de LGTB municipais, alí onde existan, atenderán e darán apoio ás vítimas de discriminación no ámbito familiar, e terán especial consideración cos casos de violencia doméstica ou con aqueles en que se encontren implicados os grupos de persoas LGTB máis vulnerables referidos no punto 2 do artigo 21.

A consellaría competente en materia de sanidade garantirá a información sobre homosexualidade, bisexualidade e transexualidade que recolle a OMS a todas as persoas que traballan no ámbito da saúde, tanto no ámbito público coma no privado ou concertado, de modo que se garanta que os profesionais do ámbito sanitario coñezan a devandita información

 Respeto a la Transexualidade  a lei di que garantirase a atención sanitaria, segundo a necesidade e o criterio clínico, das prácticas e para as terapias relacionadas coa transexualidade.

A consellaría competente en materia de saúde tratará de xeito específico a realidade LGTB nas campañas de educación sexual e de prevención de enfermidades de transmisión sexual.

A consellaría competente en materia de educación incorporará a realidade homosexual, bisexual, transexual e transxénero nos contidos transversais de formación de todo o alumnado de Galicia naquelas materias en que sexa procedente, dará audiencia ao Consello e, de ser o caso, escoitará as asociacións, organizacións e colectivos LGTB. Así mesmo, visibilizaranse na educación os diferentes modelos de familia establecidos nesta lei.

Ademais, revisará os contidos de información, divulgación e formación que xa existan nos distintos niveis de ensino e noutros ámbitos formativos.

Tamén a administración educativa galega, en colaboración co departamento competente en materia de igualdade, fomentará a realización de actividades dirixidas á comunidade escolar para a prevención de actitudes e comportamentos discriminatorios pola orientación sexual ou a identidade de xénero.

E estableceranse actividades de formación para o persoal docente existente. Así mesmo, incorporarase a realidade LGTB e os diferentes modelos de familia aos cursos e másters de formación do futuro persoal docente e aos plans de estudos das titulacións de Educación Social, Maxisterio, Pedagoxía, Psicoloxía e Dereito.

Estableceranse actuacións para combater o acoso escolar por razón de orientación sexual ou identidade de xénero, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTB e a plena normalidade das distintas orientacións sexuais e identidades de xénero. Así mesmo, informarase sobre os mecanismos de denuncia dos casos de acoso.

A práctica deportiva e de actividade física en Galicia desenvolverase en termos de igualdade e sen discriminación ningunha por razón de orientación sexual e identidade de xénero. Para tal efecto, os poderes públicos colaborarán entre si e coas asociacións, organizacións, colectivos e entidades, públicas e privadas.

A Xunta de Galicia, a través dos medios de comunicación de titularidade autonómica e a través daqueles en que participe ou aos que subvencione, garantirá, condicionando a efectividade desta subvención e sen vulnerar a liberdade de expresión e información, a transmisión dunha imaxe igualitaria, plural e non estereotipada de todas as persoas na sociedade. Para estes efectos, promoverase:

• A programación de campañas nos medios de comunicación destinadas a toda a sociedade sobre a importancia e a necesidade da participación social e política de todas as persoas.

• A adopción, mediante a autorregulación, de códigos de boas prácticas tendentes a transmitir o contido dos valores constitucionais sobre a igualdade de todos, sen discriminación.

• A utilización non sexista da linguaxe e/ou das imaxes non discriminatorias, especialmente no ámbito da publicidade.

• Programas e campañas de apoio á igualdade de todas as persoas.

A Xunta de Galicia, a través dos medios de comunicación de titularidade autonómica, garantirá e promoverá, por medio daqueles en que participe ou aos que subvencione, condicionando a efectividade da subvención, a emisión de programas tendentes a erradicar todas as formas de discriminación e, en concreto, por razóns de orientación sexual e identidade de xénero.

A Xunta de Galicia velará para garantir, en todas as campañas institucionais de publicidade, o respecto pola orientación sexual e pola identidade de xénero de todas as persoas.

Facúltase a institución do Valedor do Pobo como autoridade independente para velar pola igualdade de trato e non discriminación por razón das causas previstas nesta lei, tanto no sector público coma no privado.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s