O PSOE presentará unha moción no pleno para a defensa das becas educativas como un dereito

O PSOE presentará unha moción no pleno para a defensa das becas educativas como un dereito

A edil socialista Yoya Neira lembra o recorte de 75 millóns de euros nas bolsas da man de Rajoy

O PSOE anunciou hoxe a presentación no próximo pleno de unha moción en defensa das becas de estudiantes e co fin de poñer freno ao recorte da inversión en bolsas, que da man de Rajoy ten chegado aos 75 millóns de euros, tal e como lembrou a edil Yoya Neira en rolda de prensa.

A concelleira sinalou os puntos da moción, entre os que destaca a revisión dos limiares da renda, reducir o período máximo de resolución das bolsas a tres meses como máximo, recuperar os requisitos antes da ley Wert e a convocatoria urxente do Observatorio de Bolsas.

Yoya Neira confía en que o goberno de Negreira acepte o debate da moción e a súa posterior aprobación para instar a Rajoy a impulsar a política de bolsas a estudiantes. A moción do PSOE inclúe os seguintes puntos:

  1. Modificar a normativa reguladora das bolsas para recuperar integramente a súa natureza de dereito e establecer criterios claros, obxectivos e ponderables na súa concesión de tal maneira que o solicitante poida coñecer de antemán os criterios polos cales se lle outorgan e a contía que percibirá se lle é concedida.
  1. Restituír os requisitos académicos vixentes para o curso 2011-2012, fixando como contías base para as compoñentes de compensación e por mobilidade as dese mesmo curso.
  1. Actualizar os limiares de renda e patrimonio segundo a variación do IPC desde 2011.
  1. Establecer un período máximo de 3 meses para a resolución dos expedientes de solicitude de bolsa.
  1. Adoptar as medidas necesarias para renunciar a esixir os reintegros previstos no artigo 41.b) da Resolución do 13 de agosto de 2013 aos estudantes que cumpriron todos os requisitos esixidos para obter a súa bolsa no momento da súa concesión.
  1. Engadir unha modalidade de convocatoria que inclúa o pago da matrícula aos licenciados e graduados en situación de desemprego que realicen estudos de posgrao en Universidades públicas co fin de mellorar o seu cualificación.
  1. Convocar con carácter de urxencia o Observatorio de Bolsas creado a través do Real Decreto 1220/2010, de 1 de outubro.
  1. Adoptar as medidas necesarias para reducir o importe dos prezos das matrículas universitarias, suprimindo as restricións á capacidade da Conferencia Xeral de Política Universitaria de establecer os límites dos prezos públicos de matrícula introducidas polo Real Decreto-lei 14/2012, de 20 de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s