O PSOE leva ao pleno unha moción contra o IVE Cultural e de apoio á OSG

O PSOE leva unha moción ao pleno contra o IVE cultural e de apoio á Orquesta Sinfónica de Galicia

O Grupo Socialista demanda unha rebaixa deste imposto que tanto dano ten feito á actividade cultural e medidas de apoio ao sector e en concreto á OSG

 

O Grupo Municipal Socialista levará o lun sao pleno unha moción na que rexeita o IVE Cultural e reclama a súa supresión, ao tempo que demanda apoio institucional para a Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG).

A subida desproporcionada do IVE está a prexudicar gravemente á Cultura como sector de oportunidade de crecemento económico e tamén ás posibilidades de acceso á mesma por parte da cidadanía.

A fiscalidade aplicada aos produtos da creación é unha tremenda mostra de miopía por parte deste Goberno; a Cultura, coas súas diferentes manifestacións e sensibilidades, enriquece, facilita e fortalece a convivencia na sociedade, e é un dos elementos básicos da nosa proxección internacional, sendo todo iso un dos mellores legados para as xeracións futuras.

As administracións locais non son alleas a esta problemática de forma directa. Moi ó contrario, na súa función de dinamizadoras e promotoras culturais, nalgúns casos cun papel principal, son tamén prexudicadas con esta medida.

No texto que se debatirá no pleno, o PSOE propón que se poña fin á subida do IVE impulsada polo gobernó do PP ata o 21% e rebaixar este imposto ata o 5% para as actividades culturales e ata o 4% para os libros.

De igual modo, o Grupo Municipal Socialista entende necesario un posicionamento claro e firme do Concello na defensa da OSG, que debe estar acompañado dunha financiación adecuada para garantir a súa continuidade, a súa calidade, e o seu prestixio.

Neste sentido, os socialistas entendemos obligado apoiar as actividades que se programen para acadar o nomeamento da Coruña como Cidade da Música.

Por todo iso, o Grupo Municipal Socialista do Concello de A Coruña presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal desta MOCIÓN para instar ó Goberno de España a:

1-Reconsiderar a subida do IVE para os bens e actividades culturais, establecendo o seu tipo no 5%,  mantendo o 4% para o libro.

2-Propor e defender no seo das Institucións da UE, o establecemento dun IVE reducido para a Cultura e que estea harmonizado en todo o territorio da Unión.

3-Manter nos orzamentos municipais da Coruña a dotación económica que garantice a bo funcionamento e prestixio adquirido da Orquesta Sinfónica de Galicia.

4-Axudar a promover, a través das diferentes entidades musicais do noso municipio, o nomeamento da Coruña como Cidade da Música.

5-Abrir canles de comunicación e colaboración do Concello coas distintas asociacións culturais da cidade co fin de producir, promover e difundir as diferentes manifestacións e sentir culturais.

6-Habilitar liñas de financiamento para a producción propia dos diferentes axentes culturais da cidade

 

Mocións Alcoa e refuxiados

Por outra banda, o PSOE defenderá no pleno unha moción de apoio aos traballadores de Alcoa, consensuada con o comité de empresa e que confiamos teña o respaldo de todos os grupos municipais. Na mesma pidese un plan enerxético estable que garantice a continuidade da actividade industrial e poña fin a unha formula de subastas electricas que causa inseguridade empresarial e laboral.

Tamén levamos unha moción de apoio aos refuxiados para que A Coruña sexa cidade acolledora e desenvolva un plan de acollimento.

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s